Correlingua 2011

(Preme na imaxe para ver a reportaxe fotográfica do Correlingua)

O luns 9 de maio celebrouse por primeira vez o Correlingua no Carballiño cunha participación de 2300 nenos e nenas e máis de 250 mestres de todos os centros educativos da comarca do Carballiño, e algúns máis limítrofes á comarca.

É de agradecer o bo comportamento amosado polo alumnado e profesorado participante na actividade. Desde este foro queremos agradecerlle a súa boa disposición para a celebración desta actividade de defensa do noso idioma.

Tamén queremos dar as grazas a todas aquelas persoas e institucións que colaboraron na organización deste evento:

  • Concellería de Cultura do Concello de Carballiño.
  • Servizo de Normalización Lingüística do Carballiño.
  • Policia Local e Potección Civil.
  • Garda Civil do Carballiño.
  • Empresas de transportes “La Montañesa”, “Pérez” e “Rodríguez”.
  • Asociación de comerciantes do Carballiño.
  • Caixanovagalega.

Correlingua 2011

O Correlingua é unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran en 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.

O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade.

Este ano a Coordinadora de END da Comarca do Carballiño organizamos o Correlingua na vila do Carballiño contando coa colaboración de diferentes organizacións e asociacións da zona.

O programa a desenvolver será o seguinte:

  • 10:30 Recepción dos colexios no Parque do Carballiño.
    • 11:00  Saída da carreira/paseo polas rúas do Carballiño. Circuíto pechado ao tráfico rodado.
    • Saída: Avda. do Parque, R. Calvo Sotelo, R. Mosquera, R. Rosalía de Castro, R. Curros Enriquez, R. de Lamas, e chegada á Praza Vermella.
    • 11:30  Na praza do Concello: (Alumnado de Ed. Infantil e 1º Ciclo de EP.
    • Lectura de manifesto gañador (adaptado)
    • Lectura de gañadores do concurso de cartaces da CENDL do Carballiño.
    • Espectáculo de títeres, duración de 50 minutos.
    • 11:30  Na praza vermella:
    • Recepción dos participantes. (Visionado dos traballos do alumnado participante no Correlingua).
    • Lectura do manifesto gañador. “En galego sempre somos” grupo “Palabra de lebre” do IES Agra de Leborís ( A Laracha).
    • Lectura dos gañadores no concurso de adhesivos do Concello do Carballiño.
    • Lectura dos gañadores no concurso de cartaces para fomento do emprego do galego da CENDL da comarca do Carballiño.
    • Espectáculo de maxia a cargo de Martín Camiña.
    • Actuación dun dos gañadores do cantalingua:

Documentos para descargar:

Concurso de cartaces “para a defensa e promoción do Galego”

Gañador de Ed. Infantil

Convocamos o III concurso de elaboración de cartaces co lema de: “Para a defensa e promoción do galego”.

As bases de participación son as seguintes:

Gañador Educación Infantil

1º – Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.

2º – As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.

3º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.

4º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.

5º Os traballos serán presentados antes do 1 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca tres traballos de cada ciclo.

6º O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.

7º Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.

8º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:

Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria, Eso, Bacharelato, Ciclos…

9º – Os gañadores serán comunicados no Correlingua, o día 9 de maio.

Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.

Xa está en marcha o Correlingua 2011

Na xunta da coordinadora comarcal do pasado luns, día 17, estivemos dándolle un repaso a organización do Correlingua e a cousa marcha. A falta de datos do Ies nº 1 e do Sagrado Corazón xa pasan de 1000 o número de alum@s. Os centros que dixeron que ían participar son. Amoeiro, Beariz, S Amaro, Irixo, Boborás, Calvo Sotelo, Uceira,. Cea,. Vila de Arenteiro, Maside, incluíndo as unitarias de Dacón e Punxín e o Chamoso lamas.

Aínda que non aparecemos na Web do Correlingua a data adxudicada é o luns, 9 de Maio. No acto, a máis do que aquí decidamos, actuará un mago que tamén fará de presentador e un grupo dos finalistas do Cantalingua.

O próximo martes día 25 temos confirmada a nova xunta co Concello do Carballiño para ir definindo espazos e recorridos así que as 12 alí estaremos Candido, Bericat, Norberto e máis eu.

Na xunta tamén decidimos aproveitar o Correlinga para entregar os premios do concurso de Carteis con Lema para e polo defensa do emprego do Galego e vimos a posibilidade de emitir e proxectar as cuñas e anuncios que preparemos para a radio e a tele local. Para que isto sexa posible temos que adiantar as datas de gravación das cuñas e dos anuncios ao mes de abril e o concurso resolto tamén para esas datas. Estade pendentes do blog, Lingua de Buxo, onde aparecerán as bases cas datas para este curso. Así mesmo, e para darlle cor ao acto, pensamos que estaría ben que cada centro leve pancartas con lemas. Como van a participar alumnado de infantil estivemos vendo a posibilidade de montar para eles unha actividade específica de monicreques nun espazo diferente para que estean máis cómodos e controladiños.

Tamén falamos da próxima xunta da Coordinadora Nacional de ENL que conta co noso apoio para unha nova campaña contra as mentiras e intoxicación do Conselleiro. Será importante que esteamos ao loro lei de convivencia na que tamén aproveitan e métense co idioma.

E xa por último, fixamos unha nova data de xuntanza nosa para o luns 31 de Xaneiro, como sempre as 6 pm no Chamoso, á que estades convocados todos os ENDL da Comarca do Carballiño.

Creo non esquecer nada pero si é así non vos cortedes e completade a información.