Manifesto da Coordinadora

A Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística da comarca do Carballiño quere facer chegar á opinión pública, e moi especialmente aos pais e nais do noso alumnado, a nosa opinión sobres As bases  para a elaboración do decreto do plurilingüismo  no ensino non universitario presentadas  pola Xunta o día 31 de decembro, en plenas  vacacións de Nadal.

En primeiro lugar dicir que compartimos ca Real Academia da Lingua os cualificativos de inaceptable,  inconsistente, irresponsable e insostible.

Inaceptable por considerar que vai producir un retroceso no proceso de normalización da lingua galega, lingua maioritaria na nosa comunidade pero na que é difícil acadar unha boa competencia sen o apoio escolar pola súa pouca presenza nos medios de comunicación, cine, xogos…..

Insostible  xuridicamente porque,  tanto a lexislación vixente no marco da Constitución e do Estatuto de Autonomía, como na xurisprudencia dos altos tribunais, recollen a obriga dos poderes públicos na promoción das linguas que parten dunha situación de desigualdade.

Irresponsable porque non asume as responsabilidades propias da Administración educativa senón que deriva a outros ámbitos gran parte das responsabilidades que lle acaen segundo as leis ás que se debe, dificultando  así  a organización do proceso pedagóxico e creando unha diversidade de situacións  incompatibles coa defensa dun ensino de calidade e igualitario. 

Inconsistente porque a implantación do ensino en inglés no terzo das materias en primaria e secundaria é un brindes ao sol co que queren disfrazar a intención de diminuír o número de horas impartidas en galego. Pero, de poder  levarse a cabo esta  proposta, é aínda máis grave porque  non ten en conta as dificultades de aprendizaxe que isto suporía para moito do noso alumnado incrementando así o fracaso escolar.

Por todo isto sumamos a nosa voz a todos aqueles colectivos que demandan que a Xunta volva ao consenso normalizador e de defensa do dereito que temos a  falar e coñecer a nosa lingua e de acadar unha boa competencia nas dúas linguas presentes na nosa comunidade.

Advertisements

Unha resposta to “Manifesto da Coordinadora”

  1. Cándido Says:

    Parabéns, Norberto, polo deseño da páxina.
    Con todas as ligazóns que colocaches só falta que os alumnos e profesores entremos con frecuencia e fagamos ducias de aportacións para convertir isto nun sitio de referencia.
    Tamén a Mª Luz pola idea do nome.


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: