Concurso “Para a defensa e promoción do galego”

Convocamos o II concurso de elaboración de cartaces co lema de: “Para a defensa e promoción do galego”.

As bases de participación son as seguintes:

Gañador Educación Infantil

1º – Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.

2º – As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.

3º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.

4º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.

5º Os traballos serán presentados antes do 16 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca  tres traballos de cada ciclo.

6º O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.

7º Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.

8º Haberá un premio por ciclo ou nivel educativo:

Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria, Eso, Bacharelato, Ciclos…

9º – Establécense os seguintes premios para cada nivel.

Material escolar e libros.

Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.

Advertisements

Unha resposta to “Concurso “Para a defensa e promoción do galego””

  1. Cándido Says:

    Vaites, vaites, parece que isto ten movemento. Vai haber que entrar todos os días. Un saúdo a tod@s


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: