Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego

Durante os últimos dous meses a Coordinadora de ENDL  estivo a preparar a campaña Orgullosos/as do noso, Orgullosos/as do galego que  22 de febreiro presentou publicamente en Compostela. Despois de todo o que se dixo, o que se fixo, e o que se lexislou e se preve lexislar, sobre a nosa lingua, chegou o momento de sacar peito e orgullarnos do noso máis importante sinal de identidade. Porque digan o que digan, nós non imos renunciar ao noso idioma.

Esta campaña está orientada ao ámbito educativo, mais, pola trascendencia do momento que vivimos, tamén á sociedade galega en xeral, que esperamos que se apropie dela. Poderás ver polo miúdo cales son as liñas da campaña na web www.coordinadoraendl.org/orgullo.

Na web da Coordinadora encontrarás videos, materiais para imprimir e distribuír como queiras, cando queiras e con quen queiras, e moitas, moitas persoas coma ti que presumen da nosa lingua, do galego.

Advertisements