O responsábel para a zona O Carballiño/Ribeiro d’A Mesa pola Normalización Lingüística, Eladio Cabanelas achéganos a seguinte información sobre un dos proxectos nos que están inmersos na defensa do Galego:
- Están coa campaña de recollida de sinaturas por a ILP pola garantía dos dereitos lingüísticos. O obxectivo é acadar máis de 15.000 sinaturas antes do 17 de Maio. ´
- En colaboración coa Concellaría de Dinamización Social están pondo en marcha un programa de voluntariado lingüístico ao que bautizan como PARGAL e do que podedes ampliar información nas ligazóns de máis abaixo.
- Dende “Queremos Galego!” de Ourense –plataforma da que forman parte activa- teñen á venda camisolas e chapas da mesma. A particularidade é que só en Ourense temos camisolas pata cativos, dende os 3 até os 11 anos de idade.
Triptico informativo