ANIMANDO Á LECTURA

  Contos Enredados

   O pasado venres fixemos unha nova sesión de animación á lectura. O primeiro conto enredado, foi realizado dunha maneira especial, por dúas mestras que por un día convertíronse en contacontos, que fixeron as ledicias de tódolos nenos e nenas. Despertaron constantemente o sorriso de todos. O que vos mostramos dende esta páxina é o extracto final, no que os nenos do colexio divididos en grupos fixeron os seus Contos Enredados, podédelos ver no enlace. O vídeo que fixemos coa representación podédelo Ver aquí

Publicado en Varios. Leave a Comment »

A MAXIA DAS SOMBRAS

 A MAXIA DAS SOMBRAS

 O venres 29 de outubro despois de celebrar o samaín tivemos o noso primeiro proxecto lector conxunto deste curso. Esta sesión xirou en torno a maxia das sombras. Todos os nenos de infantil e primaria reunímonos no salón de actos para disfrutar dun conto titulado O conto de Sofía
Un espectáculo de sombras recreaba a historia narrada que escoitabamos acompañada dun suave fondo de música instrumental. Vimos aparecer a Sofía, a protagonista do conto; os monstruos aos que tanto medo lles tiña; a Pipo, o can do seu irmán; un trasno do que se fixo amiga e moitas máis imaxes.

                                            
 Rematado o  conto realizamos outras actividades aproveitando o recurso das sombras. Unha delas consistía en proxectar coas mans sombras e que os demáis nenos as recoñecesen. Despois xogamos a adiviñar de que compañeiro era a sombra que viamos, e por último improvisamos historias con distintos personaxes. Foi unha actividade novidosa, diferente e que gustou moito a todos, desde os mais cativos a os máis maiores.
Publicado en Varios. Leave a Comment »

Excursión a Trasalba-S.Cibrán de Las

Ás veces, obsesionámonos con viaxar a lugares lonxanos e exóticos para vermos marabillas…cando temos tan cerca sitios fantásticos e que nos ensinan tanto da nosa historia! O alumnado de 3º e 4º ESO do Sagrado Corazón (O Carballiño) viaxou o 3 de novembro á casa-museo de Otero Pedrayo, en Trasalba ( aquí ao ladiño…) Susi, a encargada da fundación Otero Pedrayo, acolleunos con moito agarimo e foinos ensinando o pazo e contándonos anécdotas da vida do escritor. Pola tarde, aproveitando a caloriña, visitamos o castro prerromano de S.Cibrán, un lugar xenial para pasear e aprender algo sobre como vivían os nosos antergos. Por certo, os arqueólogos estaban traballando para recuperar unha calzada que atravesa o poboado e instalar unhas casetas de información. Para xaneiro ou febreiro, poderemos gozar delas. E todo isto…de balde! A visita a Trasalba non custa nada e as dúas excursións son moi interesantes. Animádevos! (Se queredes ver máis fotos, na nosa páxina www.franciscanas.com)

Publicado en Varios. Leave a Comment »

SAMAÍN

Samaín 2010O pasado 1 de novembro,como sabedes,foi a festa do Samaín. No centro Sagrado Corazón, decidimos festexalo, para recuperar esta tradición que moitos descoñecen ou supoñen soamente americana, cando tamén é galega. Coa colaboración dos departamentos de galego, tecnoloxía e inglés, o noso EDL programou varias actividades que tiveron lugar na última semana de outubro: elaboración de contos “terroríficos” na aula, debuxos e máscaras para os máis pequenos, murais explicativos sobre a orixe da festa…e o que tivo máis éxito: un concurso de tallado de cabazas. Participaron 38 alumnos de ESO, que voluntariamente e no seu tempo libre, “customizaron” as cabazas. Entregamos tres premios, ás cabazas máis votadas polo alumnado do colexio. As gañadoras absolutas foron tres alumnas de 1º ESO: Uxía, María e Sara, que prepararon unha cabaza de…55 quilogramos! Enfin, aquí vos van unhas fotiños. Se queredes velas todas, están colgadas na nosa páxina web www.franciscanas.com Bicos!

Publicado en Varios. Leave a Comment »

Samaín no CEIP NS de Xuvencos

Durante a semana anterior á celebración do Samaín no CEIP Nosa Sra de Xuvencos realizamos as seguintes actividades:

  • Concurso de cabazas traídas da casa.
  • Os alumnos de terceiro ciclo realizaron un traballo de investigación sobre a orixe desta celebración a través dunha webquest. O resultado foi a elaboración dun cartaz. Os traballos presentados podédelos ver no blog do club de lectura de 3º ciclo.
  • Concurso de cabazas realizadas no cole.
  • Elaboramos un gran cartaz na entrada do colexio entre todos os alumnos e alumnas.
  • Pola tarde realizamos o baile dos esqueletos, interpretamos un repertorio de cancións en inglés para espantar os malos espíritus e fixemos entrega dos agasallos aos gañadores dos concurso.
  • Tamén visionamos dúas pelis sobre o samaín: Contos de Halloween de Disney e “Pesadilla antes de Navidad” de Tim Burton.

Ver reportaxe fotográfica.