24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. Este ano celebramos o 175 aniversario do seu nacemento.

Para saber un pouco máis sobre a súa vida e obra observa detidamente este vídeo:

Escoita estes dous poemas dela e aprende de memoria o que máis che guste para recitalo ante a clase:

Campanas de Bastabales:
Adios ríos, adios fontes

Negra sombra

Materiais para traballar na clase:

  • Vida e obra elaboradas polo EDL do cole.
  • Actividades elaboradas polo equipo de biblioteca de Caratola Tola
  • Actividades en LIM do equipo de biblioteca de Caratola Tola.
  • Fac-símili de Follas Novas

Caza do Tesouro: O entroido en Galiza

Caza do Tesouro para pescudar sobre a celebración do entroido en Galiza.

O entroido en Galiza

No CEIP Nosa Sra de Xuvencos elaboramos un libro electrónico sobre as principales manifestacións do entroido en Ourense que pretendemos ir ampliando pouco a pouco.

Para visitala preme na imaxe:

Concurso de cartaces e marcapáxinas en defensa do galego 2012

Un ano máis, convocamos o IV concurso para a defensa e promoción do galego. A edición deste ano terá dúas modalidades: unha de cartaces, coma en anos anteriores, para Ed. Infantil e Ed. Primaria e unha de marcapáxinas para o alumnado de ESO e Bacharelato.

Bases xerais

As bases de participación son as seguintes:

  Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.

  As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.

  Os traballos serán presentados antes do 20 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca tres traballos de cada ciclo.

  O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.

  Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.

  Os gañadores serán comunicados a través deste Blog antes do Día das Letras Galegas.

Modalidade de cartaces para Ed. Infantil e Ed. Primaria

  • As bases de participación son as seguintes:

1º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.

2º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.

3º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:

Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria.

Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.

Modalidade de marcapáxinas para ESO e Bacharelato

  • As bases de participación son as seguintes:

  O tema será a defensa e/ou a promoción do galego.

  Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato en cartolina de tamaño 20 cm de largo por 5 cm de ancho.

  Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo: 1º Ciclo, 2º Ciclo e Bacharelato.


Gañadores 2011

Celebración do Día da Paz e Non Violencia

O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio CEIP Nosa Sra de Xuvencos o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.

Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión en galego moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado “Ai, se eu te pego”. Nós titulámolo “Ai, eu non pego!”.

Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:

  • Reportaxe fotográfica

Video do baile

Video coas actividades do Día da Paz e non Violencia