Día de Rosalía

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Rosalía de Castro foi poetisa e novelista en lingua galega e castelá. Foi a escritora máis importante do Rexurdimento da literatura galega no século XIX. Foi a autora de “Cantares galegos” (1863),  un dos primeiros libros enteiramente escrito en galego da Idade Contemporánea. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase por ser a data de edición da súa obra Cantares galegos.

Na web do EDL do CEIP Nosa Sra de Xuvencos atoparedes máis información sobre Rosalía e unha compilación de recursos educativos para utilizar no aula.

 

“Adiós ríos, adiós fontes” polo alumnado de 3º Ciclo do CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Advertisements