Certame de curtas

Traballos presentados ao 1º Certame de curtas que convocamos desde a Coordinadora de EDL da comarca do Carballiño.

 CEIP Virxe da Pena da Sela

 CEIP Nosa Sra de Xuvencos

 CEIP Nosa Sra de Xuvencos

I certame audiovisual de curtas organizado pola CENDL da comarca do Carballiño

certame1Segundo o tratado na última reunión da coordinadora de EDL da comarca do Carballiño acordamos poñerlle data de entrega aos traballos realizados para o “I certame audiovisual de curtas”, baixo a seguinte normativa:

  • Poderán participar os centros da comarca do Carballiño con cantos traballos o estimen oportuno.
  • A temática da curta será libre.
  • Os traballos terán unha duración máxima de 10 minutos.
  • A data de entrega dos traballos finalizará o día 31 de maio ás 24:00 horas.
  • Serán publicados polos respectivos EDL dos centros en calquera plataforma de internet que o permita: Youtube, Vimeo…
  • Cada EDL facilitará a ligazón á CENDL para que os traballos sexan accesibles desde este blog.
  • No mes de xuño os traballos serán proxectados polos EDL nos seus respectivos centros.