Segundo o tratado na última reunión da coordinadora de EDL da comarca do Carballiño acordamos poñerlle data de entrega aos traballos realizados para o “I certame audiovisual de curtas”, baixo a seguinte normativa:
- Poderán participar os centros da comarca do Carballiño con cantos traballos o estimen oportuno.
- A temática da curta será libre.
- Os traballos terán unha duración máxima de 10 minutos.
- A data de entrega dos traballos finalizará o día 31 de maio ás 24:00 horas.
- Serán publicados polos respectivos EDL dos centros en calquera plataforma de internet que o permita: Youtube, Vimeo…
- Cada EDL facilitará a ligazón á CENDL para que os traballos sexan accesibles desde este blog.
- No mes de xuño os traballos serán proxectados polos EDL nos seus respectivos centros.
Deixar unha resposta