Celebración do Día da Paz e Non Violencia

O martes, 31 de xaneiro, celebramos no colexio CEIP Nosa Sra de Xuvencos o Día da Paz e Non Violencia coa realización de múltiples actividades que foron desenvolvidas ao longo da semana previa a esta data.

Este ano, a actividade estrela foi a interpretación dunha versión en galego moi peculiar do baile de moda en todo o mundo, orixinal de Michel Teló e titulado “Ai, se eu te pego”. Nós titulámolo “Ai, eu non pego!”.

Nas seguintes ligazóns podedes ver o resumo das actividades realizadas:

  • Reportaxe fotográfica

Video do baile

Video coas actividades do Día da Paz e non Violencia

Advertisements

Caza do tesouro sobre o Día da Paz e non Violencia

Os alumnos de 3º Ciclo do noso centro realizarán o seguinte Caza do tesouro elaborado polo ENDL do centro.Deberedes completalo e entregar as cuestións ao titor. Coa tarefa da Gran pregunta realizaremos unha exposición nos taboleiros do 3º Ciclo.