Convivencia en defensa e fomento do emprego do galego

O próximo día 22 de marzo celebraremos no CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás IV Convivencia intercentros que organizan os EDL dos nosos centros en defensa e fomento do emprego do galego.
Na seguinte ligazón podedes observar a letra do flashmob que interpretaremos todos os nenos e nenas da comarca. Ver nova

Queremos Galego chama a encher a Praza do Obradoiro o 17 de maio

Co lema “O galego, o noso existir”, a plataforma cidadá confía nunha mobilización histórica do pobo galego contra as agresións á nosa cultura e o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua-

A Plataforma Cidadá Queremos Galego presentou esta mañá en conferencia de imprensa a campaña gráfica coa que chamará a toda a sociedade galega a unha nova manifestación nacional en defensa da nosa lingua propia o vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas.

“O Galego, o noso existir” é o lema escollido para unha mobilización “que non hai dúbidas de que será de novo histórica polas súas dimensións”, asegurou o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e un dos portavoces de Queremos Galego, Carlos Callón.

A campaña gráfica que nos próximos días chegará a todas as comarcas do país xogará con dúas imaxes: a dunha bola de pan e a dun corazón; a primeira, simboliza “a lingua como sustento, como algo que vincula directamente a existencia material do noso pobo”; a segunda, da mesma maneira que o propio nome da plataforma cidadá “o amor pola nosa cultura e a demanda da súa presenza, para que acade plena normalidade no espazo que lle é propio”. “Quen cre nas potencialidades de Galiza, defende a identidade do país e defende a lingua”, asegurou.

A manifestación do próximo 17 de maio partirá ás 12 da mañá da Alameda de Santiago de Compostela e rematará na Praza do Obradoiro, que Queremos Galego confía en ateigar de novo, como xa acontecera na masiva manifestación contra o decretazo no ensino do pasado 21 de xaneiro.

Para Carlos Callón, a mobilización cidadá que se convoca para o Día das Letras vai servir tamén para “visualizar e afortalar a unidade social existente neste momento arredor da defensa do galego”. “Unha unidade social”, denunciou, “da que só se autoexclúe o Partido Popular, que será o único que non estea mobilizándose na rúa o 17 de maio en favor da lingua e da cultura propias do país”. “Algo”, engadiu, “que debe facer reflexionar moi seriamente ao Presidente da Xunta, que no entanto segue a malgastar diñeiros públicos en atacar o galego”. Nese sentido, o portavoz censurou como “un insulto ás familias que máis padecen a crise económica que se anuncie o investimento público dun millón de euros nunha campaña a favor do decretazo; isto é, dunha campaña contra o galego”. Callón fixo un repaso do “rexeitamento unánime do decretazo” e citou de forma explícita “todas institucións culturais do país, todos os sindicatos, todas as organizacións estudantís, todos os movementos de renovación pedagóxica e, excepto unha, todo o resto das asociacións de nais e pais”. “No PP saben que contan cun rexeitamento unánime e por iso utilizarán fondos públicos nunha macroacción propagandística impresentábel”, sinalou.

Como en ocasións anteriores, a Plataforma Queremos Galego dispoñibilizará en todas as comarcas do país un servizo de autobuses. Unha vez concretadas as rutas e os horarios, poderanse consultar na páxina web queremosgalego.org.

GALEGO: A FORZA DO NOSO AMOR

CORRELINGUA

2010

CORRELINGUA é a denominación que adoptaron de maneira común a partir de 2001 as diversas carreiras en prol do idioma que se convocaron no país. É unha proposta de carácter lúdico, educativo, e reivindicativo que pretende convidar á mocidade e aos centros de ensino a participar nun acto público de reivindicación do dereito de medrar en galego e tamén a exercer de maneira efectiva como galegos e galegas a través do uso do noso idioma, única forma de garantir o seu futuro.

 

Correlingua 2010 – Ourense

 

Hora de chegada:10:30
Hora de remate prevista: 13:00
Hora de comezo:10:45
Hora prevista acto final:12:00
 
 
Lugar: Ourense, Praza Maior
Itinerario:

Saída: Praza Maior, Lamas Carvajal, Rúa do Paseo, Rúa C. Quiroga, Rúa Santo Domingo, Praza do Ferro, R. Viriato, R. Lúa, Praza Correxedor, Praza Suaves, R. Pena Corneira, R. Cabeza de Manzaneda, Praza de S. Cosme, R. Xulio Prieto Nespereira, R. de Lugo, Rúa do Vilar, Rúa Cervantes, Rúa das Burgas, Rúa Desengano, Avda. Pontevedra, Lamas Carvajal, Coronel Ceano, Rúa das Tendas

 

Actividades extraordinarias:

Chévere.
Cantalingua