Vídeos curtos EDL CEIP Xuvencos_2015 en prol do GALEGO

Protagonizados por alumnado de 2º e 3º ciclo:

Advertisements

I certame audiovisual de curtas organizado pola CENDL da comarca do Carballiño

certame1Segundo o tratado na última reunión da coordinadora de EDL da comarca do Carballiño acordamos poñerlle data de entrega aos traballos realizados para o “I certame audiovisual de curtas”, baixo a seguinte normativa:

  • Poderán participar os centros da comarca do Carballiño con cantos traballos o estimen oportuno.
  • A temática da curta será libre.
  • Os traballos terán unha duración máxima de 10 minutos.
  • A data de entrega dos traballos finalizará o día 31 de maio ás 24:00 horas.
  • Serán publicados polos respectivos EDL dos centros en calquera plataforma de internet que o permita: Youtube, Vimeo…
  • Cada EDL facilitará a ligazón á CENDL para que os traballos sexan accesibles desde este blog.
  • No mes de xuño os traballos serán proxectados polos EDL nos seus respectivos centros.

Resolución do concurso de cartaces e marcapáxinas

Xa hai gaadores da V edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.

O nivel dos traballos foi moi alto, e resultou moi difícil a elección dos mellores traballos.

Os centros participantes foron os seguintes: CPI de Maside; CPI Virxe da Saleta de Cea; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; IES Chamoso Lamas; CEI de Dacón; e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.

A relación dos traballos gañadores podédela descargar aquí:

Cartaces de Ed. Infantil e Ed Primaria.

Marcapáxinas de ESO e Bacherelato.

EDUCACIÓN INFANTIL:

 
CPR Sagrado Corazón CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo
 
CPI de Maside CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
CPI Virxe da Saleta de Cea

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

CEIP Virxe da Saleta de Cea CEIP Virxe da Pena da Sela
 
CPI de Maside

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

 
CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás CPI de Maside
 
CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

 
CPI de Maside CPI Virxe da Saleta de Cea
 
CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

MARCAPÁXINAS:

1º CICLO DE ESO    2º CICLO ESO
     
CPI de Maside CPI de CEA  CPI de Maside IES Chamoso
BACHARELATO
IES Chamoso

Concurso de marcapáxinas e cartaces

Un ano máis, convocamos o V concurso para a defensa e promoción do galego. A edición deste ano volverá a constar de dúas modalidades: unha de cartaces, para Ed. Infantil e Ed. Primaria e unha de marcapáxinas para o alumnado de ESO e Bacharelato.

Bases xerais

As bases de participación son as seguintes:

Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.

As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.

Os traballos serán presentados antes do 19 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo EDL, aportando ao conxunto da comarca dous traballos de cada ciclo. Na semana do 22 ao 27 de abril a CENDL do Carballiño seleccionarná os mellores traballos de cada Ciclo e Etapa Educativa.

O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.

Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.

Os gañadores serán comunicados a través deste Blog antes do Día das Letras Galegas.

Modalidade de cartaces para Ed. Infantil e Ed. Primaria

  • As bases de participación son as seguintes:

1º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.

2º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.

3º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:

Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria.

Gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.

Gañadores da convocatoria do ano 2012.


Modalidade de marcapáxinas para ESO e Bacharelato

  • As bases de participación son as seguintes:

O tema será a defensa e/ou a promoción do galego.

Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato en cartolina de tamaño 20 cm de largo por 5 cm de ancho.

Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo: 1º Ciclo, 2º Ciclo e Bacharelato.


Gañadores 2011

V Convivencia de EDL da Comarca do Carballiño

O día 21 de marzo celebramos a V convivencia de EDL da comarca do Carballiño no CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo.

Este ano participaron os seguintes centros:

  • CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo
  • CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
  • CEIP Eulogio Gómez Franqueira de San Amaro.

Pásamolo xenial, tanto o alumnado como o profesorado, en parte grazas a excelente acollida dos anfitrións que este ano foron os membros da comunidade educativa do CEIP Virxe Pena da Sela. Tamén é de agradecer o bo comportamento de todo o alumnado participante nesta xornada de convivencia, na que ademais de compartir experiencias en prol do galego fomos quen de establar novas relacións de amizade que se verán continuadas en próximos eventos deportivos e culturais que realizaremos na comarca do Carballiño.

Galería de imaxes das actividades realizadas


CONTACONTOS

DEPORTE

XANTAR

FLASHMOB

VARIOS

FLASHMOB “GALICIA STYLE”

Día de Rosalía

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Rosalía de Castro foi poetisa e novelista en lingua galega e castelá. Foi a escritora máis importante do Rexurdimento da literatura galega no século XIX. Foi a autora de “Cantares galegos” (1863),  un dos primeiros libros enteiramente escrito en galego da Idade Contemporánea. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase por ser a data de edición da súa obra Cantares galegos.

Na web do EDL do CEIP Nosa Sra de Xuvencos atoparedes máis información sobre Rosalía e unha compilación de recursos educativos para utilizar no aula.

 

“Adiós ríos, adiós fontes” polo alumnado de 3º Ciclo do CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Lipdub “Eu falerei”

O EDL do IES de Chapela elaborou este fermoso Lipdup que non se aburre un de ver.

Moitos parabéns polo traballo tan ben feito.