Resolución do concurso de cartaces e marcapáxinas

Xa hai gaadores da V edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.

O nivel dos traballos foi moi alto, e resultou moi difícil a elección dos mellores traballos.

Os centros participantes foron os seguintes: CPI de Maside; CPI Virxe da Saleta de Cea; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; IES Chamoso Lamas; CEI de Dacón; e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.

A relación dos traballos gañadores podédela descargar aquí:

Cartaces de Ed. Infantil e Ed Primaria.

Marcapáxinas de ESO e Bacherelato.

EDUCACIÓN INFANTIL:

 
CPR Sagrado Corazón CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo
 
CPI de Maside CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás
CPI Virxe da Saleta de Cea

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

CEIP Virxe da Saleta de Cea CEIP Virxe da Pena da Sela
 
CPI de Maside

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

 
CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás CPI de Maside
 
CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

 
CPI de Maside CPI Virxe da Saleta de Cea
 
CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

MARCAPÁXINAS:

1º CICLO DE ESO    2º CICLO ESO
     
CPI de Maside CPI de CEA  CPI de Maside IES Chamoso
BACHARELATO
IES Chamoso

Recursos educativos sobre Roberto Vidal Bolaño

Na seguinte imaxe interactiva podedes acceder a varios recursos eductivos para saber un pouco máis sobre o autor homenaxeado no Día das Letras Galegas de 2013.

 

Na seguinte ligazón atoparás unha compilación de recursos que fixeron outros centros educativos de Galicia.

Biografía elaborada polo Seminario Galán Real Academia Galega Recursos interactivos do Seminario Galán LIM do CEIP de Mallón LIM do CEIP de Mallón LIM do CEIP de Mallón LIM do CEIP de Mallón Compilación de recursos do CEIP Nosa Sra de Xuvencos Web oficial de Roberto Vidal Bolaño Webquest do CEIP Nosa Sra de Xuvencos Procura do CEIP Condesa de Fenosa Prezi de Xoaquín Freixeiro Telexornal elaborado polo CPI dos Dices de Rois

Día das Legras Galegas

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade .

 “Valentín Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra. .”

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Valentín Paz Andrade:

Letras Galegas 2012

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao xornalista, escritor e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade.

Na seguinte imaxe interactiva atoparás ligazóns interesantes para pescudar e aprender máis sobre a súa vida e obra.

Biografía de Valentín Paz Andrade Web da Secretaría Xeral de Política Lingüística Xogo do CEIP Condesa de Fenosa Xogo do Seminario Galán Recursos da web de Norberto Vídeo informativo sobre Valentín Paz Andrade Webquest sobre Valentín Paz Andrade

Concurso de cartaces e marcapáxinas en defensa do galego 2012

Un ano máis, convocamos o IV concurso para a defensa e promoción do galego. A edición deste ano terá dúas modalidades: unha de cartaces, coma en anos anteriores, para Ed. Infantil e Ed. Primaria e unha de marcapáxinas para o alumnado de ESO e Bacharelato.

Bases xerais

As bases de participación son as seguintes:

  Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.

  As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.

  Os traballos serán presentados antes do 20 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca tres traballos de cada ciclo.

  O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.

  Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.

  Os gañadores serán comunicados a través deste Blog antes do Día das Letras Galegas.

Modalidade de cartaces para Ed. Infantil e Ed. Primaria

  • As bases de participación son as seguintes:

1º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.

2º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.

3º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:

Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria.

Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.

Modalidade de marcapáxinas para ESO e Bacharelato

  • As bases de participación son as seguintes:

  O tema será a defensa e/ou a promoción do galego.

  Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato en cartolina de tamaño 20 cm de largo por 5 cm de ancho.

  Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo: 1º Ciclo, 2º Ciclo e Bacharelato.


Gañadores 2011

Lois Pereiro

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro.

“Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello… A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.”

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:

Concurso de cartaces “para a defensa e promoción do Galego”

Gañador de Ed. Infantil

Convocamos o III concurso de elaboración de cartaces co lema de: “Para a defensa e promoción do galego”.

As bases de participación son as seguintes:

Gañador Educación Infantil

1º – Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.

2º – As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.

3º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.

4º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.

5º Os traballos serán presentados antes do 1 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca tres traballos de cada ciclo.

6º O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.

7º Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.

8º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:

Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria, Eso, Bacharelato, Ciclos…

9º – Os gañadores serán comunicados no Correlingua, o día 9 de maio.

Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.

Xa está en marcha o Correlingua 2011

Na xunta da coordinadora comarcal do pasado luns, día 17, estivemos dándolle un repaso a organización do Correlingua e a cousa marcha. A falta de datos do Ies nº 1 e do Sagrado Corazón xa pasan de 1000 o número de alum@s. Os centros que dixeron que ían participar son. Amoeiro, Beariz, S Amaro, Irixo, Boborás, Calvo Sotelo, Uceira,. Cea,. Vila de Arenteiro, Maside, incluíndo as unitarias de Dacón e Punxín e o Chamoso lamas.

Aínda que non aparecemos na Web do Correlingua a data adxudicada é o luns, 9 de Maio. No acto, a máis do que aquí decidamos, actuará un mago que tamén fará de presentador e un grupo dos finalistas do Cantalingua.

O próximo martes día 25 temos confirmada a nova xunta co Concello do Carballiño para ir definindo espazos e recorridos así que as 12 alí estaremos Candido, Bericat, Norberto e máis eu.

Na xunta tamén decidimos aproveitar o Correlinga para entregar os premios do concurso de Carteis con Lema para e polo defensa do emprego do Galego e vimos a posibilidade de emitir e proxectar as cuñas e anuncios que preparemos para a radio e a tele local. Para que isto sexa posible temos que adiantar as datas de gravación das cuñas e dos anuncios ao mes de abril e o concurso resolto tamén para esas datas. Estade pendentes do blog, Lingua de Buxo, onde aparecerán as bases cas datas para este curso. Así mesmo, e para darlle cor ao acto, pensamos que estaría ben que cada centro leve pancartas con lemas. Como van a participar alumnado de infantil estivemos vendo a posibilidade de montar para eles unha actividade específica de monicreques nun espazo diferente para que estean máis cómodos e controladiños.

Tamén falamos da próxima xunta da Coordinadora Nacional de ENL que conta co noso apoio para unha nova campaña contra as mentiras e intoxicación do Conselleiro. Será importante que esteamos ao loro lei de convivencia na que tamén aproveitan e métense co idioma.

E xa por último, fixamos unha nova data de xuntanza nosa para o luns 31 de Xaneiro, como sempre as 6 pm no Chamoso, á que estades convocados todos os ENDL da Comarca do Carballiño.

Creo non esquecer nada pero si é así non vos cortedes e completade a información.

Concurso de cartaces “Para a defensa e …”

Xa se resolveu o concurso de cartaces de “Para a defensa do galego” que convocou a Coordinadora de ENDL da comarca do Carballiño. Este ano participaron os seguintes centros: IES Chamoso Lamas, CPI de Maside, CPR Vila de Arenteiro, CPR Sagrado Corazón, CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo e CEIP Nosa Sra. de Xuvencos de Boborás.

Os traballos presentados foron de moita calidade o que dificultou a selección dos cartaces que serán utilizados para promocionar o emprego do galego por toda a comarca.

Se premedes na imaxe veredes todos os traballos premiados.

Unha vez que a imprenta teña impresos os traballos , éstes serán colocados por todos os establecementos significativos dos nosos pobos e comarca.

 

Día das Letras Galegas 2010: Uxío Novoneyra

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Uxío Novoneyra .

 “Poeta do Courel, é a representación máis xenuína da denominada Segunda Xeración de Posguerra, que agrupou, na década dos cincuenta, a autores de significada tendencia galeguista. A súa poesía foi evolucionando ao longo do tempo enmarcándose, parte dela, na denominada “poesía da terra”, sendo o seu ciclo de poemas coureláns auténticos documentos dun gran valor cultural e antropolóxico.”

Seminario Galán.org

Aquí iremos colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Ramón Piñeiro: