Este foi un dos vídeos elexidos dende o Colexio de O Irixo para o concurso de curtas organizado pola Coordinadora Comarcal dos equipos de Dinamización Lingüística
Este foi un dos vídeos elexidos dende o Colexio de O Irixo para o concurso de curtas organizado pola Coordinadora Comarcal dos equipos de Dinamización Lingüística
Un ano máis os centros de Beariz, Boborás, San Amaro e O Irixo celebraron unha Convivencia, na que temos que salientar a organización de varias actividades, entre elas destaca a elaboración da letra e da coreografía que podedes observar no vídeo anterior. Ademais a presenza de “CÉ ORCHESTRA PANTASMA” foi quen de facer as ledicias dos nenos, e xa por último, salientar a actividade físico-deportiva que se levou dentro do pavillón polideportivo, esta ultima acitividade enmarcase dentro das acitividades deportivas en idade escolar organizadas pola Agrupación Deportiva Arenteiro e patrocinadas pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Xa hai gañadores da VIª edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego que convocou a CENDL da comarca do Carballiño.
un ano máis o nivel dos traballos foi moi alto, e resultou moi difícil a elección dos mellores traballos.
Os centros participantes foron os seguintes: CPI de Maside; CPI Virxe da Saleta de Cea; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; IES Chamoso Lamas; CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás; IES Nº 1; CPR Vila do Arenteiro;
Aquí abaixo podedes ver tódolos traballos gañadores.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() |
|
![]() |
![]() |
Dende o Colexio de O Irixo, queremos desexarvos unhas felices festas de nadal e un própero ano 2012 |
FELICES FESTAS |
No seguite video podedes observar os mellores traballos do concurso de cartaces de fomento do emprego do Galego.
Gañador de Ed. Infantil
Convocamos o III concurso de elaboración de cartaces co lema de: “Para a defensa e promoción do galego”.
As bases de participación son as seguintes:
1º – Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.
2º – As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.
3º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.
4º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.
5º Os traballos serán presentados antes do 1 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca tres traballos de cada ciclo.
6º O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.
7º Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.
8º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:
Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria, Eso, Bacharelato, Ciclos…
9º – Os gañadores serán comunicados no Correlingua, o día 9 de maio.
Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.
Dende o Colexio de O Irixo queremos felicitar o Nadal . Feliz Nadal e próspero ano 2011.
O pasado venres fixemos unha nova sesión de animación á lectura. O primeiro conto enredado, foi realizado dunha maneira especial, por dúas mestras que por un día convertíronse en contacontos, que fixeron as ledicias de tódolos nenos e nenas. Despertaron constantemente o sorriso de todos. O que vos mostramos dende esta páxina é o extracto final, no que os nenos do colexio divididos en grupos fixeron os seus Contos Enredados, podédelos ver no enlace. O vídeo que fixemos coa representación podédelo Ver aquí