Día de Rosalía

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.

Rosalía de Castro foi poetisa e novelista en lingua galega e castelá. Foi a escritora máis importante do Rexurdimento da literatura galega no século XIX. Foi a autora de “Cantares galegos” (1863),  un dos primeiros libros enteiramente escrito en galego da Idade Contemporánea. O 17 de maio, Día das Letras Galegas, celébrase por ser a data de edición da súa obra Cantares galegos.

Na web do EDL do CEIP Nosa Sra de Xuvencos atoparedes máis información sobre Rosalía e unha compilación de recursos educativos para utilizar no aula.

 

“Adiós ríos, adiós fontes” polo alumnado de 3º Ciclo do CEIP Nosa Sra de Xuvencos

Lipdub “Eu falerei”

O EDL do IES de Chapela elaborou este fermoso Lipdup que non se aburre un de ver.

Moitos parabéns polo traballo tan ben feito.

Eu falo galego porque…

O alumnado do IES Chamoso Lamas realizou dúas curtas en de defensa e fomento do emprego do Galego.

Premiados no concurso de cartaces e marcapáxinas

Coma en anos anteriores, este ano convocamos a IV edición do concurso de cartaces en defensa e fomento do emprego do Galego.

O nivel dos traballos presentados polo alumnado foi moi alto, e resultou moi difícil elixir os mellores cartaces e marcapáxinas.

Os centros participantes foron os seguintes: CPI de Maside; CPI Virxe da Saleta de Cea; CPR Vila do Arenteiro do Carballiño; CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; IES Chamoso Lamas do Carballiño; CPR Sagrado Corazón do Carballiño; e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.

A relación dos traballos gañadores podédela descargar aquí:

Cartaces de Ed. Infantil e Ed Primaria.

Marcapáxinas de ESO e Bacherelato.

EDUCACIÓN INFANTIL:

 
CPR Sagrado Corazón CPI de Maside
 
CPI Virxe da Saleta de Cea CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

1º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

CPR Vila de Arenteiro CEIP Virxe da Pena da Sela
   
CPI de Maside CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

2º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

 
CPR Vila de Arenteiro CPI de Maside
 
CPI Virxe da Saleta de Cea CEIP Virxe da Pena da Sela

3º CICLO DE EDUCACIÓN PRIMARIA:

 
CPR Sagrado Corazón CEIP Virxe da Pena da Sela
   
CPR Vila do Arenteiro CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás

MARCAPÁXINAS:

BACHERELATO 1º CICLO DE ESO  
     
IES Chamoso IES Chamoso Sagrado Corazón CPI de Maside
 2º CICLO ESO
     
IES Chamoso Sagrado Corazón  CPI de CEA CPI de Maside

Na seguinte ligazón podes acceder ás imaxes, dos traballos gañadores, a maior tamaño

Día das Legras Galegas

Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Valentín Paz Andrade .

 “Valentín Paz Andrade distinguiuse dende moi novo como xornalista, dirixindo durante cinco anos o xornal Galicia e colaborando en diferentes medios de prensa galegos e madrileños. Ten destacado tamén no campo xurídico relacionado co mundo da pesca, sendo autor de varios libros sobre esta materia. Deuse a coñecer como poeta con Pranto Matricial, adicado a Castelao. Posteriormente publicou Sementeira do Vento e Cen Chaves de sombra. .”

Seminario Galán.org

Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Valentín Paz Andrade:

Día do Libro

As seguintes curtas poden dar moito xogo para a celebración do Día do Libro:

“Como se fai un libro”

“The Fantastic Flying Books of Mr. Morris”

Publicado en Libros. Leave a Comment »

Letras Galegas 2012

Este ano o Día das Letras Galegas está adicado ao xornalista, escritor e poeta pontevedrés Valentín Paz Andrade.

Na seguinte imaxe interactiva atoparás ligazóns interesantes para pescudar e aprender máis sobre a súa vida e obra.

Biografía de Valentín Paz Andrade Web da Secretaría Xeral de Política Lingüística Xogo do CEIP Condesa de Fenosa Xogo do Seminario Galán Recursos da web de Norberto Vídeo informativo sobre Valentín Paz Andrade Webquest sobre Valentín Paz Andrade

IV Convivencia de EDL en Boborás

O día 22 de marzo celebramos a IV convivenvia intercentros organizada polos EDL destes centros, co fin de facer unha xornada deportivo-cultural na que a nosa lingua adquira un gran protagonismo en todas as actividades realizadas.

Este ano participamos preto de 200 alumnos e alumnas dos seguintes centros educativos: CEIP Virxe da Pena da Sela do Irixo; CEIP de Beariz; CPR Vila do Arenteiro e CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.

Os participantes, nesta xornada, din que xamais a olvidarán xa que coñeceron a outros nenos e nenas da comarca cos que, en próximos anos, coincidirán, nos estudos da ESO, na Vila do Carballiño.

As principais actividades realizadas foron as seguintes:

Galería de imaxes da xuntanza

Resultados dos encontros deportivos

Flashmob ” Falemos Galego”



Convivencia en defensa e fomento do emprego do galego

O próximo día 22 de marzo celebraremos no CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás IV Convivencia intercentros que organizan os EDL dos nosos centros en defensa e fomento do emprego do galego.
Na seguinte ligazón podedes observar a letra do flashmob que interpretaremos todos os nenos e nenas da comarca. Ver nova

24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura. Este ano celebramos o 175 aniversario do seu nacemento.

Para saber un pouco máis sobre a súa vida e obra observa detidamente este vídeo:

Escoita estes dous poemas dela e aprende de memoria o que máis che guste para recitalo ante a clase:

Campanas de Bastabales:
Adios ríos, adios fontes

Negra sombra

Materiais para traballar na clase:

  • Vida e obra elaboradas polo EDL do cole.
  • Actividades elaboradas polo equipo de biblioteca de Caratola Tola
  • Actividades en LIM do equipo de biblioteca de Caratola Tola.
  • Fac-símili de Follas Novas