![]() |
| Dende o Colexio de O Irixo, queremos desexarvos unhas felices festas de nadal e un própero ano 2012 |
| FELICES FESTAS |
![]() |
| Dende o Colexio de O Irixo, queremos desexarvos unhas felices festas de nadal e un própero ano 2012 |
| FELICES FESTAS |
O 4 de novembro celebramos o Día da Ciencia no CEIP Nosa Sra de Xuvencos que este ano estivo adicado a Marie Curie e a María Wonenburger. Realizamos as actividades propostas no seguinte glogter.
No aula deberedes ler toda a información que se vos ofrece no seguinte glogster e realizar as tarefas que se vos encomendan.
(Preme na imaxe para ver a reportaxe fotográfica do Correlingua)
O luns 9 de maio celebrouse por primeira vez o Correlingua no Carballiño cunha participación de 2300 nenos e nenas e máis de 250 mestres de todos os centros educativos da comarca do Carballiño, e algúns máis limítrofes á comarca.
É de agradecer o bo comportamento amosado polo alumnado e profesorado participante na actividade. Desde este foro queremos agradecerlle a súa boa disposición para a celebración desta actividade de defensa do noso idioma.
Tamén queremos dar as grazas a todas aquelas persoas e institucións que colaboraron na organización deste evento:
Este ano o día das Letras Galegas está adicado a Lois Pereiro.
“Lois Pereiro, nado en Monforte de Lemos en febreiro de 1958, está considerado un mito da poesía galega contemporánea. Formou parte do denominado Grupo de Amor e Desamor, un conxunto de dez poetas da talla de Pilar Pallarés, Lino Braxe, Manuel Rivas, Mato Fondo, Xavier Seoane, Fenán-Vello… A súa obra fai del un autor de culto e representa a renovación e o achegamento aos lectores máis novos.”
Seminario Galán.org
Aquí irei colocando as ligazóns que nos resulten útiles para coñecer un poco máis a vida e obra de Uxío Novoneyra:
O Seminario Permanente de Formación do Profesorado do CEIP Galán, en Oseiro-Arteixo (A Coruña), unha vez máis nos achega un fabuloso traballo de investigación sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas, así como unidades didácticas para Ed. Infantil e todos ciclos de E. Primaria. Boísima e imprescindible para traballar no aula. Non deixes de dar unha volta pola súa web.
Materiais que nos ofrecen en .pdf:
O Correlingua é unha actividade que se celebra de xeito regular desde o curso 2000-2001, consistente en diferentes carreiras que se celebran e
n 15 vilas de Galiza, e na que se prevé unha participación de 45.000 rapaces e rapazas procedentes de 400 centros educativos de todo o País.
O Correlingua está organizado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG), a Confederación Intersindical Galega – Ensino (CIG-Ensino), a Mesa pola Normalización Lingüística, e os Concellos de Lugo, Pontevedra, Santiago e Vigo, e conta tamén coa colaboración das Deputacións de Lugo, A Coruña e Ourense, así como os distintos concellos das comarcas onde ten que ten lugar a actividade.
Este ano a Coordinadora de END da Comarca do Carballiño organizamos o Correlingua na vila do Carballiño contando coa colaboración de diferentes organizacións e asociacións da zona.
O programa a desenvolver será o seguinte:
Documentos para descargar:
No seguite video podedes observar os mellores traballos do concurso de cartaces de fomento do emprego do Galego.
O pasado luns, 4 de abril, resolveuse o concurso de cartaces de fomento do uso do Galego.
Este ano a calidade dos traballos presentados foi moi alta o que dificultou a elección dos mellores cartaces.
Os premios, aos elixidos e elexidas, serán entregados durante a celebración do Correlingua 2011 que este ano organiza a Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística da Comarca do Carballiño e que terá lugar o 9 de maio ás 11h polas rúas da vila do Carballiño. Alí vos esperamos a todos e todas.
Cadro de honra dos gañadores e gañadoras:
· EDUCACIÓN INFANTIL:
o CEIP de Punxín.
o Escola de Ed. Infantil de Dacón.
o Educación Infantil do CEIP Virxe da Saleta de Cea.
o Marina Varela do Colexio Sagrado Corazón do Carballiño.
o Noelia Alonso do CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
· 1º CICLO DE PRIMARIA:
o Ana María Corral do Colexio Sagrado Corazón do Carballiño.
o Leila/Elsa/Lisbet e Etamar do CPI de Maside.
o Nerea Ledo do CPI Virxe da Saleta de Cea.
· 2º CICLO DE PRIMARIA:
o Daniel Santiago do CEIP Virxe Pena da Sela de O Irixo.
o Daniel Bouza do Colexio Sagrado Corazón do Carballiño.
· 3º CICLO DE PRIMARIA:
o Gabriel/Juan e Aarón do CEIP Nosa Sra de Xuvencos de Boborás.
o Uxío Lage do CEIP Virxe Pena da Sela do Irixo.
· 1º CICLO DE ESO:
o Paula Villaverde / Laura Prado do Colexio Sagrado Corazón do Carballiño.
o Graciela/Verónica do CPI de Maside.
· 2º CICLO DE ESO:
o Katia Andrea do CPI de Maside.
o Iria Baldomero do IES Chamoso Lamas do Carballiño.
· BACHARELATO:
o Victoria Fraga do IES Chamoso Lamas do Carballiño.
o Aleberto Soto do IES nº 1 do Carballiño
Gañador de Ed. Infantil
Convocamos o III concurso de elaboración de cartaces co lema de: “Para a defensa e promoción do galego”.
As bases de participación son as seguintes:
1º – Poderá participar todo o alumnado dos centros adscritos á Coordinadora.
2º – As propostas poderán ser presentadas individualmente ou en grupos.
3º -O tema será a defensa e/ou a promoción do galego dirixido á xente máis nova.
4º- Os traballos deberán ser inéditos e totalmente orixinais, que se adapten ao formato DIN A3 para a súa posterior publicación, compostos por un lema en galego para promover o uso da nosa lingua e un deseño en consonancia.
5º Os traballos serán presentados antes do 1 de Abril en cada un dos centros para unha selección previa. Esta selección será realizada en cada centro polo ENDL, aportando ao conxunto da comarca tres traballos de cada ciclo.
6º O Xurado que outorgará os premios estará composto polas persoas que compoñen o Equipo de Coordinación de Normalización Lingüística da Comarca.
7º Algún dos premios poderá quedar deserto se a calidade dos traballos presentados así o suxire.
8º Haberá un premiado por ciclo ou nivel educativo:
Infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria, Eso, Bacharelato, Ciclos…
9º – Os gañadores serán comunicados no Correlingua, o día 9 de maio.
Na seguinte ligazón atoparedes os gañadores da convocatoría do ano 2009. Cartaces gañadores.